Arzúa para ti

Aviso legal

Os dereitos de propiedade intelectual deste portal e dos elementos nel engadidos son titularidade do Concello de Arzúa, que reserva a facultade de efectuar modificacións e actualizacións sobre a información contida no portal, en calquera momento, e sen necesidade de previo aviso.

O uso non autorizado da información e demais elementos contidos neste portal, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade do Concello de Arzúa, darán lugar ao exercicio das accións que legalmente lle corresponderen ao Concello de Arzúa, no seu caso, ás responsabilidades que dese dereito puideren derivar.

O contido facilitado a través desta web emítese para efectos simplemente informativos.

O Concello de Arzúa non se fai responsábel dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web.

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

Tanto o acceso ao portal, coma ao uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsabilidade do usuario.

O Concello de Arzúa non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos das ligazóns a terceiros que poida conter o portal. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas ligadas, lles pertencen aos seus respectivos autores e propietarios e a petición de calquera deles, a ligazón ou ligazóns retiraranse de xeito inmediato.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación.