Arzúa para ti

Concurso

Xa temos novo gañador do concurso! Diego González Enríquez , da Coruña, é a persoa que resultou afortunada cunha estadía de fin de semana nunha casa de turismo rural, logo de repetir o sorteo entre os participantes por renuncia da primeira gañadora, Ana Sueiras Esperante. El, e a/o súa/seu acompañante, serán recibidos polo alcalde, Xaquín García Couso, que exercerá de guía de excepción durante unha breve visita polos lugares máis salientables do municipio. Parabéns! Esperámosvos en Arzúa!. Ah, e se non vos tocou, non vos preocupedes. En breve activaremos un novo concurso para que sigades participando.